Vox Stellae

Actualidade

Concerto do XX aniversario, adiado!

cartelxxadiado

Sentímolo moito, pero temos que darvos unha mala nova: o noso concerto previsto para o vindeiro sábado 29 de abril non vai poder celebrarse. Non vos preocupedes, non é nada que non se poida arranxar “cuns puntos, uns días de repouso e un pouco de licor café” (ja ja ja), pero non queremos subir ao […]

Ver máis

Concerto de Semana Santa en Cambados

cambados23

O vindeiro 31 de marzo interpretaremos varias pezas inspiradas na Semana Santa como o Stabat Mater de Juan Francés de Iribarren, Vigilate et Orate de Cristóbal de Morales ou Vidi Aquam da Catedral de Santiago. Agardámosvos ás 21:00 horas na Igrexa de Santa Mariña de Cambados. Reseña da Voz de Galicia

Ver máis

San Salvador de Asma

Cheo no noso concerto Cantiga Sacra organizado pola Sociedade de Amigos do Priorato de San Salvador de Asma en Chantada. Encantados de participar nesta posta en valor do patrimonio cultural que representa este templo e desexos de volver nun futuro.

Ver máis

Volvemos ao Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

vilancicos-1-1536x681

Nesta nova edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera do ano 2022 volverán a contar coa nosa participación; esa vez en dous días distintos e con dous programas ben diferenciados. Este verán levaremos o programa “Villancicos de Galegos” e máis o programa “Cántica Sacra in Memoriam de Luis Stévez”. Animádevos a ir […]

Ver máis

Reseña de MelómanoDigital sobre Canite Tuba

disco_2020_canitetuba

O portal de música “Melómano Digital” vén de publicar unha reseña sobre o noso novo novo disco Canite Tuba do que di: “Grabaciones como esta nos hacen descubrir verdaderos tesoros del Barroco Hispánico”. Agradecemos enormemente esta valoración do noso traballo, pois sempre é de agradecer que se valore o que facemos. Podedes acceder á reseña […]

Ver máis

Reseña de Canite Tuba en MúsicaAntigua.com

Catedral-de-Tui-Musica-Antigua

O portal de música antiga vén de facer unha breve reseña do noso novo traballo Canite Tuba, editado en formato CD e que podedes escoitar nas plataformas de streaming ou mercar en Amazon ou iTunes. Podedes ler o artigo completo premendo en: MúsicaAntigua.com Imaxe obtida de MúsicaAntigua.com

Ver máis

Presentación de O Caso Aleotti

aleotti_xiiciclomusicalbarciademera_covelo

A Voz de Galicia vén de publicar a presentación do noso concerto de hoxe na Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera dentro do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera. O título deste concerto é “O Caso Aleotti” e podedes ver a nova completa premento en La Voz de Galicia.

Ver máis

Valoración de ElCorreoGallego do noso paso por Vía Stellae

via-stellae

El Correo Gallego vén de publicar unha reseña musical do noso paso polo IX Festival de Música Antiga “Vía Stellae”, titulada “Opúsculos del IX Vía Stellae“. Nela non só se fai referencia á nosa interpretación neste festival, senon que tamén se fai eco co concerto que celebramos fai un tempo con música de A. Tukapsky. […]

Ver máis