O vindeiro 23 de setembro de 2026, en Vox Stellae uniremos as nosas voces á gran artista catalá Magalí Sare nun concerto único no Teatro Principal de Santiago de Compostela, inaugurando o Festival MARÉ.
Para nós é un orgullo fundir a nosa identidade coral co seu proxecto Descasada Vol. 1, unha deconstrución feminista do folclore e a música de raíz. Achegaremos as nosas texturas e harmonías de cámara á súa viaxe entre o jazz e a experimentación. Será un diálogo musical inesquecíbel entre a tradición galega e a vangarda mediterránea que estamos desexando partillar con vós.